![]() |
|||
I RUTA AQUAMA 2011
O PARQUE ACUÁTICO “AQUAMA” organiza o domingo 2 de outubro a partir das 10:30 horas a I Ruta Aquama, carreira pedestre con saída e chegada no Parque Deportivo de Acea de Ama, baixo o control técnico da Federación Galega de Atletismo, de acordo co seguinte:
REGULAMENTO
1) Poder án participar atletas federados e non federados; haberá unha sola clasificación conxunta. O control da carreira estará a cargo do Comité de Xuices da Federación Galega de Atletismo, Delegación da Coruña.
4) INSCRICIÓNS
› PROBAS ESCOLARES (prebenxamín, benxamín, alevín, infantil e cadete).
Poderán realizalas a través da web www.atletismogalego.org (apartado “Inscripcións online” picar sobre o nome da proba e rellenar os campos de inscrición).
Teléfono de información: 981 291799.
A inscrición será GRATUITA para as probas escolares.
› CATEGORÍAS DE ADULTOS (xuvenil-junior, promesa-senior e veteráns).
As inscricións realizaranse a través da web www.championchipnorte.com. O prezo único da inscrición será de 5 € .
> SOCIOS DO COMPLEXO ACUATICO DE ACEA DE AMA a inscripción sera gratuita, (tanto adultos como escolares), e tendran que realizar a súa inscrición na
recepción do Parque Acuático onde deberán facilitar os seus datos persoais no momento da inscrición.
Para calquer dúbida relacionada co proceso de inscrición poderán chamar ó teléfono 981 664500 en horario: 07:30 a 22:00 horas.
› INSCRICIÓN POR CLUBES.
Para a entrar na premiación por clubes deberán inscribirse os atletas individualmente na web www.championchipnorte.com e remitir un FAX (981 292056)
ou correo electrónico (gestion@fgatletismo.com) cos datos do clube xunto co listado de atletas que participarán na proba selado pola Federación Galega de
Atletismo ou Delegación correspondente no seu defecto. SEN ESTE FAX OU CORREO ELECTRÓNICO NON PODERÁN OPTAR OS PREMIOS POR CLUBES. Só
se admitirá a participación de clubes federados nesta premiación.
Admitiranse inscricións ata o o xoves 29 de setembro ás 22 horas. NON SE ADMITIRÁN INSCRICIÓNS FORA DO PRAZO ESTABLECIDO NIN O DÍA DA
PROBA. Os dorsais recolleranse na SECRETARÍA DA COMPETICIÓN sita no Complexo Deportivo.
SÓ SE ADMITIRÁ A PARTICIPACIÓN DE CLUBES FEDERADOS NOS PREMIOS EN METÁLICO, que terán que presentar o listado dos atletas co selo oficial da Federación Galega de Atletismo ou no seu defecto da Delegación correspondente. Na confección do clube non poderán entrar atletas pertencentes a outros clubes nin filiais do mesmo.
Os premios serán aboados na entrega de premios a través de cheque o portador.
6) Segundo o ARTIGO 3.4. DO REGULAMENTO das competicións autonómicas de Ruta, Pista ou Campo a Través da REAL FEDERACIÓN ESPAÑOLA DE ATLETISMO: “Por norma general en estas competiciones no podrán participar atletas extranjeros que no tengan licencia por la Federación Autonómica donde se celebre la competición salvo si se cumple alguno de los siguientes supuestos:
- “En Autonomías con frontera terrestre con Portugal o Francia se permitirá la participación de atletas del país vecino siempre y cuando estos atletas no hayan
sido internacionales por su país en los últimos 5 años y en una prueba similar”.
- “Atletas residentes en la Comunidad Autónoma. Se deberá justificar con permiso de residencia o trabajo”.
En todos os casos o organizador poderá requerir a documentación necesaria e reterá
o premio mentres non sexa presentada.
7) As reclamacións ós resultados oficiais deberán formularse verbalmente ó xuíz árbitro da
Competición non máis tarde de 30 minutos despois da publicación dos mesmos. Todo o
non previsto no presente regulamento, resolverase de acordo co Regulamento da RFEA en
vigor.
8) Haberá Servicio de Fisioterapia e Duchas a disposición dos atletas no Complexo Deportivo de Acea de Ama.
![]() |
|||