A área de piscinas cuberta alberga cinco vasos climatizados
de diferentes características:
- O vaso polivalente ou piscina
deportiva ten 25 metros de longo, unha anchura de 13 metros
e unha profundidade que oscila entre 1,60, 1,80 e 1,40 metros,
o que posibilita a habilitación de seis rúas
para a práctica de natación.
|
|
- O vaso de xogos, de 25 metros
de longo, está deseñado para o recreo dos
usuarios, na súa maioría xente da terceira
idade. Cunha profundidade que vai de 0,80 cm a 1,06 metros,
o vaso ten forma curva, cunha zona cuberta e outra descuberta
comunicadas a través dunha cristaleira que permite
o paso dos bañistas sin saír da auga. No interior,
a piscina conta cunha seta cascada e dous surtidores de
auga, zona de burbuxas e unha canle de corrente de auga
dirixida.
|
|
- O terceiro vaso sirve para a recepción de dous
tobogáns tubo pechados, cun percorrido de 64 a 67
metros de lonxitude que realizan diversas curvas tanto polo
interior como polo exterior do edificio. A piscina
de tobogáns ten unha profundidade de
1,06 metros.
|
|
- A piscina de ondas funciona
mediante un equipo hidroneumático que forma dous
tipos de ondas e está dotada dunha profundidade que
vai en aumento ata chegar aos 1,80 metros, facendo un efecto
similar ás ondas do mar. Ademais tamén dispón
de chorro de masaxe.
|
|
- A piscina infantil ou de bebés
é un vaso de chapoteo para o xogo dos nenos de curta
idade. Cunha profundidade de 0,20 a 0,40 centímetros,
está separada do resto das piscinas.
|
|
|