|
|
Instalacións |
|
O complexo, único parque acuático cuberto de Galicia, divídese en dúas zonas ben delimitadas: a chamada “zona de auga” e a “zona de seco”.
A primeira está composta por seis piscinas, unha delas exterior; e as cinco restantes son interiores e climatizadas: unha deportiva, un vaso de xogos, unha piscina de tobogáns, unha de ondas, e unha quinta infantil ou para bebés.
A chamada zona de seco está composta por unha sala cardiovascular, dividida en área de peso libre, de máquinas cardiovasculares e de todo tipo de aparellos para traballar os músculos; outra sala cardiovascular dotada de cintas, elípticas e bicicletas; tres salas de actividades dirixidas, como poden ser o Aerobic, Body Combat o Taichi; e pistas de tenis e paddle. |
|