|
| CURSOS DE NATACION 2 ºTRIMESTRE TEMPADA 2011-2012 |
Duración dos cursos: 9 de xaneiro ata o 31 de marzo
MATRICULAS DE ABONADOS:
O prazo de matrícula para os abonados ábrese os seguintes días en función do curso ó que se matricular:
* Bebés 1, Bebés 2, Infantil Iniciación e Infantil Perfeccionamento: 30 de novembro ás 7:30 horas.
* Cadete Perfeccionamento, Nenos Iniciación, Juvenil Perfeccionamiento1 e Xuvenil Perfeccionamento 2: 1 de decembro ás 7:30 horas.
* Adultos Iniciación, Adultos 2ª Iniciación, Adultos Perfeccionamento 1 e Adultos Perfeccionamento 2: 2 de decembro ás 7:30 horas.
O curso será pagado na súa totalidade por banco, pasándose xunto coa cota do mes de xaneiro
Prezo total do curso:
1 día á semana 19,31 €
2 días á semana 38,62 €
Co fin de axilizar o proceso de matriculación pregamos recollan os impresos de matrícula en Administración (a recollida do impreso non implica a reserva de praza).
Ao formalizar a matrícula deberán traer o carné de abonado e a folla de inscrición cuberta.
* En caso de querer anular o curso unha vez matriculado, esta tería que realizarse antes do 23 de decembro, despois desa data non se devolverá o importe do curso salvo por causas xustificadas e analizándose cada caso particularmente.
MATRÍCULAS DE NON ABONADOS:
O prazo de matrícula para os non abonados ábrese o día 19 de decembro ás 7:30 horas.
O curso será pagado na súa totalidade e en efectivo no momento de formalizar a matrícula.
Prezo total do curso:
1 día á semana 38,62 €
2 días á semana 77,26 €
Co fin de axilizar o proceso de matriculación pregamos recollan os impresos de matrícula en Administración (a recollida do impreso non implica a reserva de praza).
Ao formalizar a matrícula deberán traer unha foto tamaño carné, o importe do curso en efectivo e a folla de inscrición cuberta.
* En caso de querer anular o curso unha vez matriculado, esta tería que realizarse antes do seu inicio, despois desa data non se devolverá o importe do curso salvo por causas xustificadas e analizándose cada caso particularmente.
AS PRAZAS SON LIMITADAS E VAN POR RIGOROSA ORDE DE INSCRICIÓN.
. Serán admitidas un máximo de 3 inscricións por persoa (salvo membros da mesma unidade familiar).
. As 7:30 será a hora na que se poderán recoller os números de turno e comenzar a matriculación.
* Os días 30 de novembro e 1 de decembro non se farán altas de abonados de 7:30 a 13:30 nin incorporacions a abono