STEP: É unha clase coreografiada na que se combina un segmento aeróbico utilizando un chanzo (step), do que sobe e baixa continuamente. A actividade, aínda que traballa a parte superior do corpo, céntrase na parte inferior: cuádriceps, isquiotibiales, xemelgos e glúteos. (I. 1 - I. 2)
AEROBIC: Baséase en coreografías e pasos guiados polo monitor a un ritmo dinámico e movido. É un bo traballo cardiovascular e resulta unha clase moi variada. (I. 1 - I. 2)
AERÓBIC LATINO: Clases de aeróbic con ritmos latinos (I. 1 - I. 2)
GAP: Clase pensada para obter un traballo específico en abdominais, glúteos e pernas. Os exercicios que compoñen as sesións son de tipo amplo, cun elevado número de repeticións presididas por reducidas resistencias e o seu progresivo aumento. (I. 1)
XOGOS PREDEPORTIVOS (5 A 14 ANOS): Sesións dedicadas ao coñecemento de distintos deportes a través de actividades lúdicas. Mediante o xogo, o neno, conquista a súa autonomía, aprende o sentido colectivo, esquemas de conduta prácticos e mentais. (I. 0)
AQUAEROBIC: É un conxunto de actividades aeróbicas que se fan na auga e acompáñanse de música. Pola súa metodoloxía, acomódase a todo tipo de persoas. (I. 1)
BODY COMBAT: Programa de adestramento aeróbico que ten a súa orixe nas artes marciais. Combina movementos de disciplinas de defensa persoal como o Karate, o Boxeo e o Tai Chi. O programa achega beneficios tanto a nivel mental como físico.
(I. 2)
BODY BALANCE: Actividade que combina os principios fundamentais do Ioga, Pilates e o método Feldenkrais para crear un traballo que consegue levalo corpo e a mente a un estado de equilibro e harmonía. (I. 0 )
BODY PUMP: Adestramento con barras e discos que fortalece, tonifica e define a musculatura de todo o corpo a través da combinación de técnicas de musculación e exercicios fisioterapéuticos que determinan un avance notable da postura corporal. (I. 2)
TAICHI: Meditación en movemento, control corporal por medio da concentración e a respiración. (I. 0)
IOGA: É unha serie de exercitacións da vontade, o dominio e coñecemento do noso corpo e a práctica da hixiene mental e espiritual para o logro dun maior benestar. (I. 0)
TBC: Adestramento muscular e aeróbico que contén, nunha soa sesión, os compoñentes máis importantes do fitness. É unha actividade flexible con coreografías sinxelas, que utilizan gran variedade de material e se axustan a todos os niveis dos participantes.
(I. 1 - I. 2)
TON: Actividade mediante a cal se tonifican os principais músculos do corpo mediante a execución de diferentes exercicios. (I. 1)
(I. 0) INTENSIDADE BAIXA (I. 1) INTENSIDADE MEDIA (I. 2) INTENSIDADE ALTA |